13 oct. 2010

OUSADÍA PARA O HIMNO DO ANTIGO REINO DA GALIZA

.
.
.

.
.
.
Fronte ao mar
reverdece o eido de meus pais.
Fronte ao mar,
a vizosa herdade do meu lar.

Ergue o sol
a mornura dun nidio alborexar.
Ouve o son
do vento que zoa no cordal,
a rexa voz
dos que non adiarán o camiñar.

A Terra fía en min a doa dun cantar,
semente para o mañá.
Foxen as sombras do val.
Benia o noso pobo
que non calará.

De Pan prós crocodilos (2010)

.
.
.
.
.
.
.

.
.
.
.
.
Presentación de "Pan prós crocodilos" na vila de Cangas (23-7-2010):
.
.
.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario